Reparto «sectario e clientelar» do Goberno de Feijóo

PsdeG 4 de Febreiro de 2012 0

12345678910 (votos: 1 , media: 10,00 )

Ouvir com webReader

O voceiro de Traballo do Grupo Parlamentar Socialista Miguel Angel Fernández denunciou  o reparto “clientelar e sectario” do Goberno de Feijoo dos fondos de cooperación para o fomento do emprego cos concellos da Galiza.

Explica que o pasado 27 de decembro o DOG recolleu unha resolución da Dirección Xeral de Promoción de  Emprego na que daba conta do reparto de axudas do 2010 para o fomento de emprego a través de programas de cooperación no ámbito local.

Critica que os criterios consignados polo Goberno de Feijoo neste reparto, xa que afirma que os concellos do PP recibiron case o dobre do que lles corresponde, segundo o numero de parados que teñen, o que supón un 96% mais.

Denuncia que nos concellos que están gobernados polo PSdeG-PSOE “recibiron un 38% menos”, e insistiu “esta é a realidade da redistribución insolidaria e inxusta do Partido Popular”.

Ademais criticou a falla de políticas activas de emprego do goberno de Feijoo. Asegura que os datos do paro sinalan que mes a mes “aumenta significativamente mais que no resto do Estado”.

O deputado socialista lembra que na pasada lexislatura había unha cuota de paro do 12%, das que menos paro había “situándonos nas mais baixas da nosa historia”. Pola contra replica que a día de hoxe os datos sinalan “que estamos por riba do 18%, o que significa un incremento de paro de case 50% nestes últimos 3 anos”. Sinala ademais que no resto de CCAA so aumentaron un 20%.

Sobre os datos de paro no mes de xaneiro asegurou que o PSdeG-PSOE esta moi preocupado polo aumento dun 20% do paro rexistro na nosa Comunidade mais que no resto do Estado. E no que se refire ao numero de afiliacións á Seguridade Social asevera que Galiza perdeu un 28% mais de afiliacións que no resto do Estado. Algo que cualificou como “moi preocupante”. E sobre o numero de contratos dixo “que somos a 4ª comunidade que mais descendeu no mes de xaneiro”.