Predición para luns 13 de febreiro de 2012

MeteoGalicia 12 de Febreiro de 2012 0

12345678910 (Sen votos)

Ouvir com webReader

Mapa mañá: Mapa tarde:
Comentario:
Durante a xornada do luns as altas presións situaranse ao oeste de Irlanda e faranse fortes, pero unha fronte deslizarase polo seu flanco leste e acabará por afectar á fachada Cantábrica. Deste xeito, veremos como os as nubes van chegando dende o norte e serán probables algúns chuvascos illados, especialmente en zonas do nordés de Galicia, cunha cota de neve arredor dos 900 m. As temperaturas mínimas poderían ascender lixeiramente, pero seguiríamos falando de xeadas no interior, e as máximas permanecerán sen cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados no litoral e máis frouxos no interior.
Vento:
Ventos de compoñente norte, moderados no litoral e máis frouxos no interior.
Temperatura:
Temperaturas mínimas sen cambios ou en lixeiro ascenso, con xeadas no interior; máximas sen cambios significativos.
Estado do Ceo:
Aumento progresivo das nubes de norte a sur con probables chuvascos dispersos, principalmente en zonas do nordés do país. A cota de neve estará arredor dos 900 metros.
Localidade MIN MAX Localidade MIN MAX
A Coruña 3 12 Ourense -3 11
Cuntis 2 12 Pedrafita -3 3
Ferrol 3 12 Pontevedra 3 13
Fisterra 4 12 Ribadeo 4 10
Lalín -4 9 Santiago 1 10
Lugo -2 9 Verín -7 11
Monforte -4 9 Vigo 3 13
O Barco -6 10 Vilagarcía 4 12
Ortigueira 4 11 Viveiro 4 10