O voluntariado coida dos humidais mentres a Xunta fai política de bulldozer

ADEGA 2 de Febreiro de 2012 0

12345678910 (votos: 1 , media: 10,00 )

Ouvir com webReader

Nesta data en 1971 adoptouse a convención Ramsar sobre os humidais. É un acordo intergobernamental para a acción nacional e  a cooperación internacional en pro da conservación e o uso racional dos  humidais. Os ecosistemas húmidos son a nosa riqueza natural e grazas a eles recibimos servizos por valor de millóns de euros (de xeito  totalmente gratuíto). Os humidais contribúen á nosa saúde e benestar,  controlando inundacións e repoñendo os acuíferos. Estabilizan costas e protexen ás cidades e vilas contra as  treboadas, reteñen e exportan sedimentos e nutrientes, depuran auga e son  grandes reservorios de biodiversidade. No entanto, a Xunta, nas vésperas deste Día Mundial dos Humidais, ofreceu ao mundo un pésimo exemplo de xestión destes sensibles ecosistemas coa desfeita  da Frouxeira. Fronte á incompetencia da administración, ti podes colaborar ao coidado dos humidais: ESTE 2 DE FEBREIRO, MÓLLATE POLOS HUMIDAIS CON ADEGA!

Dende ADEGA queremos divulgar  esta importancia dos humidais, e por segundo ano consecutivo organizamos  unha xornada de voluntariado ambiental en dúas lagoas pertencentes ao  Complexo Húmido de Corrubedo, un dos 5 humidais galegos incluídos na lista Ramsar. Baixo o mesmo lema  do ano anterior: Móllate polos Humidais, mollarémonos polas lagoas de  San Pedro de Muro e Xuño (concello de Porto do Son).

En 2011 máis de 40 voluntarias e voluntarios participamos nunha xornada de eliminación de flora exótica invasora nesta área, e este ano queremos darlle seguemento aos labores de control e  eliminación. Ademáis  de  seguir divulgando a problemática das especies  invasoras e aumentar a concienciación cidadá, estas acción teñen por  obxectivo acadar un mellor estado ecolóxico dun dos ecosistemas galegos  percentes á Rede Natura 2000.

PROGRAMA provisional

09.00  Saída dende Compostela
10.00  Parada en Porto do Son
10.10  Chegada: presentación da actividade
10.30  Roteiro polas lagoas
12.00 Comezo dos traballos de eliminación
14.00  Xantar
15.30  Continuación dos traballos
17.00  Remate dos traballos e foto de grupo
17.30  Regreso

Máis información:

Ramsés  Pérez (Coordenador de Programas de Educación Ambiental de ADEGA)  ramses@adega.info