O aparello chamado “Xatcobeo” foi deseñado e construído na Universidade de Vigo e a súa tarefa será medir a radiación a máis de mil quilómetros de altura.
O satélite, que custou un millón douscentos mil euros, é o primeiro construído por unha universidade europea que cumpre cos requisitos da Axencia Espacial Europea. Terá unha vida útil de entre 6 e 12 meses.
“Xatcobeo” é o resultado de tres anos de investigación e nel traballou un equipo de 70 persoas. O proxecto estivo coordinado polo investigador Fernando Agüelle.













Pingback: O primeiro nanosatélite galego será lanzado en xaneiro