Beatriz Guiance é a editora de MundoGaliza
Desde logo escoitar ou ver certas cousas case fan a unha dubidar da realidade, menos mal que coñecendo o pé do que coxean, a dúbida convétese en certeza… proporcionalmente inversa á súa pregoada «realidade».
Mentres o voceiro do PP galego, Antonio Rodríguez Miranda, asegura que a Galiza «avanzou en xustiza social» desde que goberna o PP, eu pregúntome se haberá quen teña un mínimo de coñecemento e cordura que o vaia crer.
É partidario de buscar «tódalas fórmulas de aforro posible» para frear o gasto farmacéutico, aínda que asegura que aínda non ten «sobre a mesa» a proposta de cobrar polos fármacos máis baratos. E eu escoito isto e, incrédula de min, penso que se as dúas opcións se contrapoñen, … que van facer? cobrar, por suposto!! .. e senón tempo ao tempo.
Xa di o refrán, pensa mal e acertarás. A vida, o pp, se encargan unha e outra vez en pasarnos polos fuciños esta realidade, cruz dos confiados, cruz dos que teñen fe nalgo diferente.
Eu desexo xustiza social para o meu pobo, mais o que o meu pobo recibe é unha outra cousa.
Igual preciso, precisamos, lentes os galegos, non os que non comungamos con rodas de muiño, senón os abducidos pola corte pepeira, ou as precisará el se é que está convencido do que di?…
O obxectivo é, defendeu, lograr «unha maior eficacia no uso dos recursos públicos». Precisamente, ao seu entender, é esta xestión «máis eficaz» no que mellorou Galiza dende que Feijóo entrou en San Caetano en 2009. E é que, subliñou, o seu Executivo alcanzou «cotas de compromiso social» ás que «nunca» se chegara na autonomía.
Certo, nunca tan mal estivemos, nunca chegamos tan baixo.
Ao fío desta afirmación, rexeitou que «se avanzara» no uso da fórmula do copagamento para cofinanciar servizos sociais como residencias ou gardarías e replicou que, no que realmente «se avanzou», é en «xustiza social». «Nunha situación na que se pedía pagar unha parte do servizo, fíxoa máis xusta e equitativa».
Haberá que saber para quen, digo eu. Haberá que aportar datos contrastados. E o máis importante, como xustifica o que está facendo con garderías, residencias… acaso non as está privatizando pouco a pouco… ou moito a moito segundo como se mire? E con tanto co, co, co xa parece unha galiña azul dando a resposta.
Dito isto, falou sobre o incremento do desemprego e dos expedientes de regulación de emprego (ERE) na Galiza, o voceiro popular sinalou que é «imposible» que Galiza «soa e dende aquí» poida «parar o efecto do aumento do paro» cando no contexto do conxunto de España «hai unha avalancha».
E digo eu, se non se empeñaran en recurtar, en despedir… habería tanto paro? Para seguir, se o paro medra máis que nunca, non terán eles algo que ver coa aplicación das súas políticas? E metidos en cifras e falando da «avalancha» de paro na España… como é que se, segundo eles, había máis de cinco millóns de parados e o paro aumentou máis que nunca neste último mes, e desde logo desde que está o pp no poder, como xustifican que as cifras do paro sexan de pouco máis de catro millóns e medio de parados?? Mentían antes ou menten agora??
Precisamos nós lentes ou as precisa Miranda??
Pretenden enganarnos ou é que á xente como Miranda aínda pensa que hai elefantes rosas surcando os ceos??














