MundoGaliza

Tecnoloxía

Educación vendeu fume co proxecto Abalar

( 1 Votos )
Educación vendeu fume co proxecto Abalar
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación, no seu afán propagandístico, dedicouse a vender fume co proxecto Abalar e asegura que, a piques de comezar o curso escolar non está lista a dotación de ordenadores que se precisa. Para a CIG-Ensino esta situación constata a irresponsabilidade da consellaría nun comezo de curso marcado polas deficiencias e pola conflitividade.
 

10.000 fotografías aéreas da costa galega

( 3 Votos )
10.000 fotografías aéreas da costa galega
A Xunta de Galiza vén de poñer a disposición de todos os cidadáns un banco de case 10.000 fotos da costa galega. Estas fotografías aéreas foron empregadas nos estudos dentro do Plan de Ordenación do Litoral e tanto as imaxes como toda a información pode consultarse na web do Plan de Ordenación do Litoral ( www.xunta.es/litoral , apartado descargables).

As mulleres con máis formación e menor soldo

( 4 Votos )
As mulleres con máis formación e menor soldo
As mulleres que se dedican á investigación, ao desenvolvemento tecnolóxico e á innovación (I+D+i) en Galicia non están en igualdade de condicións cos seus colegas homes, aínda que moitas non perciben as importantes desigualdades existentes, segundo o estudo “Situación das mulleres no sistema Ciencia-Tecnoloxía-Empresa de Galicia”, realizado pola área de Igualdade da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia, e para o que se compilou información procedente de 164 grupos de investigación ou equipos de I+D+i e se fixeron un total de 618 entrevistas, 298 a mulleres e 320 a homes.

Retegal xestionará 1.900 quilómetros de fibra óptica

( 2 Votos )
Retegal xestionará 1.900 quilómetros de fibra óptica
O Consello da Xunta autorizou ao operador público Retegal a contratación á empresa Unión Fenosa Redes de Telecomunicación (UFINET) a ampliación de 800 quilómetros de fibra óptica por un importe de 12,9 millóns de euros para a implantación da banda larga en Galicia. Este paso enmárcase na Acción 2 do Plan de Banda Larga (PBL) 2010-2013, que contempla o desenvolvemento das redes troncais e infraestruturas públicas (fibra óptica, radioenlaces, localizacións) na Comunidade Autónoma.

Extender a banda larga ao rural pontevedrés

( 1 Votos )
Extender a banda larga ao rural pontevedrés
O operador público de telecomunicacións RETEGAL comeza hoxe os traballos de construción dunha nova torre de telecomunicacións no Concello pontevedrés de Meis. Esta actuación inscríbese no marco do Plan Director de Banda Larga da Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e o Proxecto Repoblar da Deputación de Pontevedra para dotar de conexión á Internet aos núcleos rurais da provincia.
Páxina 1 de 11


sys