MundoGaliza

Supresión dos dereitos das persoas a base da burocracia

( 1 Votos )
smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

A deputada do PSdeG-PSOE de Beatriz Sestayo interpelou hoxe, no Pleno da Cámara Autonómica, ao Goberno de Feijoo sobre as previsións da Consellería de Traballo e Benestar respecto do cumprimento dos compromisos recollidos nos protocolos asinados no seu día entre a Xunta de Galicia, e cada un dos concellos adheridos ao consorcio Galego de Servicios de Igualdade e Benestar e a valoración do papel asignado na actualidade a eses concellos.

Sestayo denuncia que o Goberno Galego está a suprimir os dereitos das persoas a base da burocracia. Acusou á Conselleira de Traballo de Benestar de dictar resolucións de arquivo por caducidade para baixar as listas de dependencia.

Na súa intervención retou ao Goberno de Feijoo a que lle diga unha sola  infraestructura social posta en marcha polo seu goberno, e que non estivera iniciada polo goberno bipartito. Ademais acusou a Feijoo de mentir e inventar prazas de escolas infantís ou de centros de Día sen ningún pudor.

Afirma que quen está sostendo a Dependencia en Galicia son os Concellos e o Estado mentres a Xunta presume por diante e caduca os expedientes por detrás ,e mentres a Xunta compromete un gasto cos Concellos, e pon escusas para pagalos despois, advertiu dende a tribuna de oradores.

A deputada lembrou que o pasado 5 de febreiro deste ano tiña lugar, incumprindo os prazos fixados nos estatutos do Consorcio, a primeira Asemblea do, que ten como obxecto aprobar un orzamento xa aprobado polo Parlamento de Galicia. Cualificou estes presupostos coma “un orzamento chicle” xa que tanto podía ser de 0 euros como de 29 millóns, e insistiu “un orzamento no que os Concellos nada puideron facer senón actuar de comparsas de decisións tomadas unilaterlamente pola Xunta de Galicia”. E insistiu nas súas criticas “pero se as irregularidades eran constantes (falla de documentación etc..) xa que o Presidente do Consorcio,que tomou a palabra en lugar da Conselleira ,a pesares de estar vostede alí , afirma que “o goberno actual non se sinte comprometido polas infraestructuras sociais comprometidas nos protocolos asinados cos concellos con ocasión da súa adhesión ao Consorcio Galego”.

Sestayo dixo que resulta sumamente sorpresivo que as condicións que esixiron unha das partes da firma do Protocolo (os concellos ) para a adhesión aos Consorcios poidan ser incumpridas ou boicoteadas unilateralmente pola Xunta de Galicia.

A portavoz de Políticas Sociais asegurou que dende o grupo parlamentario socialista non toleraremos unha burla nin unha manipulación da vontade dos Concellos . E ironizou “temos visto estes días na prensa que parece que lle gusta a chirigota, a nos só para a festa pero cos servizos sociais públicos non queremos burlas”, asegurou.

Denunciou que o Goberno de Feijoo ten paralizadas infraestructuras sociais en practicamente todos os Concellos de Galicia onde estaban comprometidos coma en Ferrol, Coruña, Ourense, Pontevedra, Ares, Barco de Valdeorras , Fene, Parada do Sil, Pastoriza, Pol, As Pontes e Guitiriz entre outros. Subliñou tamén que non teñen posto en marcha ningunha infraestructura social que non estivera iniciada ,mesmo rematada polo anterior goberno da Xunta.

Argumentou tamén que existen moitisimos concellos de Galicia que cederon os terreos de titularidade municipal ao Consorcio para que se levantaran infraestructuras, pero a resposta do goberno Feijoo foi nula.

Dixo que non convocan as comisións paritarias de avaliación e interpretación fixadas nos diferentes protocolos que foron aprobados polos Plenos dos Concellos. “Ese é o seu respecto á democracia e a lealdade institucional”, espetou.

Criticou tamén que non se recibe aos alcaldes,alcaldesas,concelleiros e concelleiras do Partido Socialista, e así quedou patente na Asemblea do consorcios. Ata 40 peticións de entrevistas ten pedido algún concello .

 

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar


sys