![]() |
A Rede de Blogueiras/os en Defensa do Galego “Blogues pola Lingua”, que aglutina na actualidade a máis de 200 blogues, adheriuse á convocatoria da Plataforma Cidadá Queremos Galego dunha mobilización na defensa do noso idioma que terá lugar este domingo 18 na cidade de Compostela. Blogues pola Lingua comparte plenamente os obxectivos da devandita plataforma, acreditando en que neste contexto de ataque continuado contra do noso idioma por parte do Partido Popular, esixe unha firme contestación social a través dun proceso de mobilizador que non debe rematar o vindeiro domingo. |
É por iso que a Rede da que forman parte blogueiras e blogueiros tan significados como Manuel Bragado, Xabier Docampo, Marta Dacosta ou Kiko Da Silva, fai un activo chamamento á participación masiva na mobilización que sairá o vindeiro día 18 ás 12h dende a Alameda de Compostela, e que xa conta co apoio de centos de colectivos e persoas.
Comentarios (0)

Escribir comentario

Twitter
Myspace
Chuza
Digg
Del.icio.us
Yahoo
Technorati
Googlize this
Facebook
Wikio
Meneame

