MundoGaliza

Pacto PP-PSdeG para manter na nova Caixa aos seus "vellos dirixentes"

( 2 Votos )
Pacto PP-PSdeG para manter na nova Caixa aos seus
O voceiro do grupo parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, lamentou hoxe que o primeiro pleno deste período de sesións vaia consumar o pacto PP-PSdeG para sacar adiante unha reforma á recientísima Lei de Caixas, sen debate público pois se tramitará polo procedemento de lectura única, co único obxectivo de que poidan seguir nos seus postos nos órganos de goberno da nova Caixa aquelas persoas que por idade ou por ser cargos políticos non poderían estar nos mesmos en función da normativa vixente.

Prácticas atentatorias de espazos naturais protexidos

( 1 Votos )
Prácticas atentatorias de espazos naturais protexidos

Ao longo deste verán tomáronse mostras fotográficas das prácticas realizadas por un helicóptero na Costa de Dexo, en Oleiros, espazo natural protexido. A existencia dos feitos foi comunicada por un particular a Amigos da Terra. Ambos denunciantes tramitaron os escritos oportunos para pór en coñecemento da administración esta agresión ambiental.

Os helicópteros de Salvamento Marítimo, dependentes do Ministerio de Fomento, realizaban os simulacros ou prácticas de xeito indiscriminado no interior do Monumento Natural e Rede Natura Costa de Dexo. A raíz dos feitos que presenciou o denunciante outras testemuñas comentaron que xa o tiñan realizado máis veces noutras zonas do espazo protexido.

O PP rexeita o Plan Director do Hospital da Costa da Morte

( 1 Votos )
O PP rexeita o Plan Director do Hospital da Costa da Morte
O deputado do Grupo Parlamentar do PSdeG-PSOE Ismael Rego defendeu hoxe na Comisión 5 do Parlamento unha iniciativa na que reclamou que se habilite os recursos e medidas precisas, para poñer en marcha ao longo do ano 2010 o Plan director e arquitectónico para a ampliación do Hospital da Costa. A iniciativa foi rechazada polo Partido Popular.

A Xunta oculta información ao valedor do pobo

( 1 Votos )
A Xunta oculta información ao valedor do pobo
O Viceoceiro e coordenador da Área Institucional do Grupo Parlamentar Socialista, José Manuel Lage denunciou hoxe “o ocultismo e a falta de colaboración do goberno galego co Valedor do Pobo” para clarexar as sospeitas de anomalías en diferentes procesos selectivos do Servizo Galego de Saúde (SERGAS).

A Xunta gastará dous millóns de euros en privatizar o servizo de cita previa do Sergas

( 1 Votos )
A Xunta gastará dous millóns de euros en privatizar o servizo de cita previa do Sergas
O Goberno galego vai gastar dous millóns de euros para privatizar o servizo de cita previa de Atención Primaria, unha decisión que critican con dureza dende a CIG-Saúde, xa que, alén de avanzar no proceso de privatización da sanidade pública, esta nova contrata favorecerá a creación de emprego precario. A Federación de Saúde da CIG esixe a Xunta a promoción dun modelo máis racional e austero e que destine eses millóns de euros á contratación de persoal estatutario para alixeirar a sobrecarga de traballo que padecen os empregados/as dos centros sanitarios.


sys