Unha equipa internacional de científicos presentou un innovadore revolucionario xeito de gravación magnética que permitirá que a información se procese centos de veces máis rápido que coa tecnoloxía actual de disco duro. Os investigadores descubriron que podían rexistrar información só con calor, o que fará que os futuros dispositivos de gravación magnética sexan máis rápidos, pero sobre todo que o conseguirán facendo un uso máis eficiente da enerxía.
Segundo explicou Thomas Ostler, o autor do estudo publicado en ‘Nature Communications’, »en lugar de utilizar un campo magnético para rexistrar información nun soporte magnético, aproveitáronse forzas internas moito máis potentes e a información gravouse empregando calor». «Este método revolucionario permite a grabación de terabytes (milleiros de gigabytes) de información por segundo, centos de veces máis rápido ca tecnoloxía actual disco duro e, como no hai necesidade dun campo magnético, existe tamén un menor consumo de enerxía»,
Durante séculos houbo a crenza de que o calor apenas podía destruir a orde magnética; mais agora demostrouse con éxito que tamén puede gravar información nun soporte magnético».
A tecnoloxía moderna de gravación magnética emprega o principio de que o polo sul dun imán atrae o polo norte doutro, e que dous polos iguais se repelen. Até o de agora, críase que, co fin de gravar un bit de información –por inversión dos polos dun imán– había unha necesidade de aplicar un campo magnético externo; canto máis fuerte fora o campo aplicado, máis rápida sería a gravación dun bit de información magnética.
Nembargantes, a equipa científica demostrou neste novo estudo que as posicións de ambos polos dun imán se poden invertir mediante un pulso de calor, aproveitando o poder das forzas internas máis potentes dos medios magnéticos.














