Na foto (de esquerda á dereita): Xaime da Pena (PGD), Guillermo Sánchez Fojo (TEGA), Carlos Vázquez Padín (CXXI), Alfredo Bea (PGD), Henrique Carvalho (APG) e Rosendo Covelo (PNG-PG)
Comunicado conxunto dos partidos de centro galeguista APG, CXXI, PGD, PNG-PG e TEGA, trala reunión deste sábado, 24 de Marzo, en Compostela, co obxectivo de sentar as bases para a confluencia nun único partido.
Reunidos:
- Henrique Carvalho Rodrigues, presidente Alternativa Popular Galega (APG)
- Carlos Vázquez Padín, secretario xeral de Converxencia XXI (CXXI)
- Alfredo Bea, secretario xeral do Partido Galeguista Demócrata (PGD)
- Rosendo Covelo, secretario de organización do Partido Nacionalista Galego – Partido Galeguista (PNG-PG)
- Guillermo Sánchez Fojo, secretario xeral de Terra Galega (TEGA)
Conclúen:
1º Os partidos do galeguismo de centro cremos que Galicia precisa un compromiso redobrado nestes momentos difíciles. O noso Pais esixe un novo pulo nestes tempos de crise, tanto económica como de identidade.
2º Galicia debe ser a prioridade da política e dos políticos galegos. É a política a que ten que estar ao servizo dos cidadáns e non ao revés.
3º E por iso, comezamos un proceso de diálogo entre nós que permita traballar decidida e definitivamente na confluencia política e organizativa dos nosos partidos.
4º Un proceso aberto a aqueles cidadáns e organizacións que teñan a Galicia como prioridade e o centro como espazo político de referencia.












