Esquerda Nacionalista escindida do BNG

Redacción MundoGaliza 12 de Febreiro de 2012 0

12345678910 (votos: 2 , media: 10,00 )

Ouvir com webReader

As voces que falaban da desmembración por un lado ou rexeneración por outro, xa teñen un argumento máis para o debate.

Queda por ver quen vai quedar e quen máis vai sair do BNG. Resta saber que nova ou novas formacións van xurdir a partir das escisións e abandonos do BNG. E ante todo, que espazos e necesidades pensan cubrir cada un deles.

A Mesa Nacional de Esquerda Nacionalista acordou este sábado, por unanimidade, a súa escisión do BNG, decisión que agora someterá á militancia reunida en asemblea, como máximo órgano de decisión. 

«Non hai marcha atrás» neste proceso que suporá a primeira marcha en bloque da formación frentista despois da XIII Asemblea Nacional.

Na reunión da Mesa Nacional de Esquerda Nacionalista (partido que se integrou no seu día na corrente Máis Galiza aínda que non todos os seus membros participaban dela), que se celebrou este sábado en Santiago de Compostela, tomaron a palabra unha vintena de persoas que mostraron a súa conformidade coa saída da fronte nacionalista.

É a primeira decisión deste tipo que se toma esta fin de semana, se ben podería seguir o mesmo camiño o Encontro Irmandiño que, este domingo, celebra unha asemblea aberta co fin de avaliar se o proxecto do BNG é compatible coa súa continuidade dentro da formación.

Ademais, Esquerda Nacionalista acordou transmitir ao conxunto da sociedade galega o seu «rexeitamento ás medidas adotadas» polo consello de la Xunta, presidido por Alberto Núñez Feijóo, ao respecto dos traballadores da función pública; así como mostrar a súa «oposición» á reforma laboral aprobada polo Consello de Ministros este venres.