Día de San Valentín e da mercantilización dos sentimentos

Opinión 12 de Febreiro de 2012 0

12345678910 (Sen votos)

Ouvir com webReader

Outro ano máis volve o día de San Valentín, unha das datas consumistas máis sinaladas do ano. Así nolo fai saber a publicidade dos días anteriores, na que se nos mostran, máis o menos sutilmente, os agasallos de distintos produtos coma forma obrigada de demostrar uns sentimentos. Ecologistas en Acción e Verdegaia quere poñer de manifesto que esta mercantilización dos sentimentos englobase dentro dun modelo de sociedade no que cada vez son menos os aspectos o mercancías non susceptibles de ser mercados e vendidos.

Ecologistas en Acción e Verdegaia ven sinalando a insustentabilidade desta sociedade consumista e quere denunciar o grave rastro de degradación social e ambiental das costumes promovidas en datas como estas. Sen ir máis lonxe as flores, agasallo típico, en moitos casos proceden do países como Colombia e Ecuador, onde son cultivadas por mulleres en condicións laborais precarias, que traballan expostas a toxicidade dos produtos fitosanitarios[1].

A este fomento do consumismo e da mercantilización das relacións humanas contribúe decisivamente a publicidade, cada vez máis especializada na comunicación emocional, en asociar a marca unha serie de valores e un estilo de vida cos que verase identificado a persoa consumidora. Neste sentido, a publicidade non so contribúe a vender máis produtos, senón que promove estilos de vida profundamente insustentables social e ambientalmente, baseados no desbaldimento, e trata de situar o consumo e a acumulación de bens no cumio da escala de valores e no obxecto das nosas aspiracións.

Ademais, non se pode esquecer o contexto da crise no que nos encontramos e os continuos mensaxes que recibimos, desde distintos ámbitos, de que o consumo nos axudará a superala. Ecologistas en Acción e Verdegaia lamenta esta insistencia e dubida de que a receta máxica vaia a ser máis do mesmo, xa que ha quedado claro que este modelo de consumo, irracional e insustentable, incrementa día a día el escenario de crise ambiental e social.

Ademais, queremos recordar que nesta sociedade tan materialista son recoñecibles moito dos signos de cansazo, insatisfacción e infelicidade: trastornos alimenticios por no poder cumprir o modelo de beleza, depresións, illamento, soidade, etc. Por elo, Ecologistas en Acción e Verdegaia propón dedicar o día de San Valentín a reflexionar sobre as maneiras de satisfacer as verdadeiras necesidades e carencias das persoas que queremos, substituíndo os clásicos agasallos por tempo para compartir, diálogo, coidados, comprensión, cariño…