Continuando ca serie de mobilizacións convocadas polo Comité de Traballo e Benestar de A Coruña, hoxe mércores 8 houbo unha Concentración de 300 traballadores diante da Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña.
A Concentración tivo como obxecto a protesta contra a política da Consellería de Traballo e Benestar de destruir postos de traballo nos seus propios Centros Públicos; de favorecer a privatización de servizos sociais recortando sistematicamente os recursos públicos de atención aos sectores da poboación máis desfavorecidos.
Ao mesmo tempo na Concentración protestouse contra as medidas da Xunta de Galicia que atacan aos empregados públicos en dereitos elementais.













