Acordo para investigar a tala indiscriminada do Monte Tegra

Bng 8 de Febreiro de 2012 0

12345678910 (votos: 1 , media: 10,00 )

Ouvir com webReader

O BNG acadou un acordo parlamentar por unanimidade para instar ao Goberno a investigar o acontecido coa talas e obras  non autorizadas no Monte Tegra da Garda.

Asemade, a iniciativa do BNG que aceptou a última hora unha emenda “in voce” do Partido popular tamén inclúe o cumprimento da lei de Patrimonio Cultural de Galiza que nesta ocasión- a xuízo da parlamentaria- foi claramente “vulnerado”.

Na súa intervención, Adán lembrou que a tala de árbores no Monte Tegra afectou moi negativamente ao patrimonio arqueolóxico da zona e puxo en grave risco a súa conservación na “Bouza e a “Porta do Sur” polo tránsito de camións de alta tonelaxe e o deposito de gran número de troncos,  circunstancia, dixo, que “eu mesma constatei ao visitar a zona”.

Acordo unánime

Tras este   acordo, á iniciativa do BNG,   “o Parlamento de Galiza instará ao Goberno galego, en cumprimento da lei 8/95  do Patrimonio de Galiza, a axilizar o procedemento de investigación dos danos acaecidos no Patrimonio arqueolóxico do monte Tegra  e a posta en marcha das actuación necesarias para a conservación do Patrimonio arqueolóxico do monte Tegra previndo calquera acción que o poña en risco”.
Adán volveu reclamar  que o Goberno galego “cumpra a lei” para que non se repitan feitos como os hoxe denunciados  e se impidan as técnicas agresivas nos materiais arqueolóxicos.

Por outra parte, a deputada salientou  que á importancia do patrimonio arqueolóxico do Monte Tegra, súmase o   aspecto turístico que debe ser tamén conservado por representar un dos recursos básicos para a economía galega.

Finalmente, a deputada  insistiu na necesidade do cumprimento deste acordo tras comprobar -afirmou- que “non é a primeira vez que os acordos do  Parlamento non se cumpren”. Neste sentido, advertiu que o BNG seguirá de cerca as actuacións do Goberno galego destinadas á protección e conservación do patrimonio arqueolóxico galego.