A que sabe a vitoria?

Beatriz Guiance 26 de Marzo de 2012 1

12345678910 (votos: 20 , media: 10,00 )

Ouvir com webReader

Estaban confiados, víanse sentados en terciopelo azul, sentados cal principiños de califato e principado, a xogar cos destinos dos cidadáns en partida aberta ao fracaso do pobo.

Os inquéritos, unha vez máis, demostraron que a última vontade é a que marca o voto non a que marcan os medios informativo-manipuladores, e as facianas ían tornando agrias a medida que o escrutinio avanzaba.

Arenas, que celebraba a súa vitoria, recibiu a súa ración de cal. As areas movedizas, deslizáronse pola ruta do goberno até ir parar ao cubo de praia co que xa non poderá xogar o neno Mariano. Hoxe non tocou estrear zapatos novos, os vellos zapatos vermellos desgastados de tanto bailar nos “tablaos” seguirán a marcar o compás nesta terra andaluza. A feira de abril está ás portas, e a conta atrás comezou hoxe, o día 29 quentaránse os motores, e a ledicia vestida de loita encherá as rúas e os corazóns, hai moito por facer e o xermolo parece que está a prender.

Hai esperanza, a Deus grazas sen apelido, neste país, unha Galiza que ogallá vexa camiño e ceo aberto para deixar atrás estes anos de desastre xunteiro, que poña os ollos na irmá astur, que sen ser máis nazón que principado unificou voto patriota coa rosa vermella para non deixarse afundir no pozo da desidia.

Aquí, no duplo A, comeza a loita.

Lanzo unha pregunta a quen non gosta de responder cuestións “inoportunas”, si señor Arenas… para vostede, … a que sabe a vitoria? a derrota? e agora onde vai meter a súa prepotencia e a súa raiba con sorriso profiden?

Unha outra para Rajoy, Mariano, Mariano, quen é o monicreque do reino?

E unha recomendación para Feijoo… cando as barbas do teu veciño… Canto pensas que vas tardar en caer??

Aínda que como na Galiza vivimos no impaís do mundo ao revés… vai ti a saber !!!

Hoxe, cando menos, iremos durmir cunha raiola de esperanza no corazón.

  • Carlos B

    Temo Beatriz, que para Núñez Feijoo, como bo advenedizo, Galicia é só un trámite para a carrera de San Jerónimo (igual que no seu tempo o foi para Rajoy). O seu legado? Un PPdeG nacionalista. Medo, moito medo fundado nos bailes que tivo o difunto Cuiña con Beiras xusto antes do pasmento do primeiro e defenestrarción do segundo. Só hai que lembrar o epitafio de Fraga: ‘bo e xeneroso’ (e demócrata e independentista galego, xa postos). Non teñen vergoña para roubar ideas ou disfrazarse de galegos (en plan Conde Roa) por mantérense no seu cacicado de poder. Pactan ata con Deus.
    NM non é o problema de Galicia (a parte de duplicar o déficit por chorradas), só é unha gripe. O problema político de Galicia é a indefinición e contradiccións constantes das correntes nacionalistas.

    Unha aperta,

    Carlos Balea