O voceiro do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, realizou unhas declaraciones nos corredores do Congreso en relación á condena dictada polo Tribunal Supremo ao xuiz Garzón, e que significa a súa inhabilitación durante 11 anos.
Jorquera afirmou que o BNG «é o primeiro en defender o dereito á defensa pero hai que recordar que o mesmo xuiz Garzón xustificou as escoitas porque había indicios de posíbel comisión de delito no caso Gürtel, un delito de evasión de capitais».
Para o BNG, sinalou, «resulta moi difícil disociar este proceso a Garzón doutros procesos abertos ao xuiz e todo parece apuntar a unha vendetta política por tratar de investigar os crimes do franquismo». Ademáis, declarou que esta sentenza «inclúe xuizos de valor de índole ideolóxica sobre as actitudes de Garzón, o que nos reafirma na creenza de que estamos ante un linchamento de un xuiz por».














